Envía a túa opinión
O dispositivo de procura despregado en augas da Coruña para tentar localizar ás tres persoas que permanecen desaparecidas desde esta madrugada no Orzán non deu de momento resultados. O único que apareceu morto ás nove destas mañá foi o axente Javier López, de 38 anos e natural da Coruña. Será condecorado coa Medalla de Ouro ao Mérito Policial a título póstumo. Así o asegurou o ministro de Interior, Jorge Fernández, no propio areal coruñés. O ministro, que se mostrou consternado polo suceso, aclarou que, no caso de que se recuperen os corpos dos outros dous axentes, estes tamén serán condecorados coa mesma distinción. Jorge Fernández amosouse tamén “profundamente orgulloso do acto heroico humanitario e acto de servizo destes policías”, dixo, “que entregaron a súa vida, máis aló do que esixe o cumprimento do deber”. Xunto ao ministro de Interior estivo a ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo asegurou que se está facendo “todo o tecnicamente posible” e o rexedor herculino, Carlos Negreira, matizou “que non se escatimarán medios”. Mentres, o secretario de Estado de Seguridade, Ignacio Ulloa, cualificou esta traxedia de “accidente”, posto que, segundo as investigacións realizadas, o mozo eslovaco descoñecía o estado do mar e só quería “mollar os pés”. Non obstante indicou que se está a instruír xa unha investigación para tentar esclarecer os feitos ocorridos esta madrugada. A Policía estivo interrogando a outros estudantes presentes na zona para coñecer ben o acontecido.
Envía a túa opinión
Cando os libros de historia falen do milagre español dos anos 90, caerán irremediablemente no lugar común de asociar a entrada no vagón de vangarda do tren internacional ao ingreso na Unión Europea, ás Olimpiadas de Barcelona e á Expo de Sevilla. Errarán o tiro. Eu penso realmente que España se propulsou cara a modernidade cando en 1990 a doutora Elena Ochoa comezou a presentar “Hablemos de sexo”, unha iniciativa de Chicho Ibáñez Serrador para sacudir o cheiro a naftalina do discurso sexual que nin sequera a revolucionaria teta de Sabrina (a liberdade guiando ao pobo) conseguira esvaer de todo. Ver a unha señora con traxe de chaqueta e casta coleta pronunciar alto e claro a palabra “pene” na televisión pública foi o xesto político máis simbólico no Estado até que Zapatero aprobou as vodas homosexuais e sacou as tropas de Irak. A educación sexual pasou das charlas caseiras sobre a polinización á televisión, ao igual que agora se trasladou desta a internet, onde non hai control parental que poida frear a avalancha de formación onanista a libre disposición de maiores e pequenos. E hoxe, como se pegásemos un gatillazo, volvemos ao sexo catódico.
Envía a túa opinión
O Consello de Departamento de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, 32 profesores doutores en Hria da Arte , expresaron por unanimidade, a sua máis profunda repulsa polo derribo da fábrica de lápis Hispania ubicada no barrio de Ferrol Vello, recentemente declarado Ben de Interese Cultural, na categoría de Monumento.Unhas 200 persoas arrouparon o edificio onte á tarde, na concentración convocada pola Comisión para a defensa de Ferrol Vello.
Envía a túa opinión
Dous funcionarios do Concello de Ferrol e un concelleiro do PSOE, do anterior mandato, están a ser investigados dende que esta mañán irrumpiran, na casa do concello, axentes da Policía Xudicial. Procederon a rexistrar as oficinas municipais do departamento de Obras do Concello de Ferrol, buscando os expedientes administrativos relacionados cunha empresa da cidade, e as facturas desa empresa correspondentes aos anos 2010 e 2011. Están a ser investigados dous funcionarios e un concelleiro do anterior goberno.
Envía a túa opinión
Segue sen resultados a pescuda das 3 persoas desaparecidas esta madrugada na praia do Orzán na Coruña. Atopouse o corpo sen vida do policia nacional Javier López López, de 38 anos e natural da Coruña. Continua a busca dos axentes da orde Rodrigo Maseda Lozano de 38 anos de Burela, e de Jose Antonio Villamor Vázquez de 34 anos (Pacio Friol). Tamén dun mozo de nacioalidade eslovena.