Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 03 de Septembro de 2010
Actualidade > Ficha da nova
Ficha da nova Enviar comentario

Vilagarcía debate sobre a mediación familiar como posible arma contra a violencia machista


Obradoiros sobre o tratamento e a resolución do conflito, a mediación familiar ou as particularidades da alienación parental conforman o programa sobre o que se centrará o curso Mediación familiar e xénero, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa dentro da programación de Universidade de Verán 2010. Trátase dunha actividade formativa que dirixe a profesora Raquel Castillejo recoñecida como formación permanente do profesorado pola Consellaría de Educación e que está incluída no proxecto de investigación A violencia sobre as Mulleres: a mediación, unha solución.

Sociedade29/07/2010Autor: Redacción

O curso celebrarase do 7 ao 10 de setembro no Auditorio de Vilagarcía de Arousa. Na primeira xornada presentarase a situación actual da mediación familiar en España, o que dará paso a unha intervención sobre o tratamento do conflito dende unha perspectiva psicolóxica. Completarán o día un obradoiro sobre resolución de conflitos e unha conferencia sobre métodos alternativos de resolución de conflitos.

A alienación parental e xénero e prevención serán abordados en dous obradoiros que centrarán a sesión do día 8 xunto a unha intervención sobre a prevención da violencia de xénero en menores. Ao día seguinte, a xornada abrirá analizando o marco xurídico da mediación familiar e o penal e procesual da violencia de xénero. O obradoiro desta sesión dedicarase á mediación familiar.

Para rematar, o curso analiza tamén o desenvolvemento e as crises nas relacións amorosas dende o punto de vista psicolóxico. Rematará o programa do curso cun obradoiro no que se profunda na mediación en violencia de xénero.

 


Comentarios:
Publicidade

Axenda

Estreno en A Coruña do espectáculo Un corazón perfecto
04/09/2010 - 20:30
Fórum Metropolitano
The Noisers actúa en A Coruña
04/09/2010 - 19:30
FNAC (Praza de Lugo)
Concerto de La Promise Band en A Coruña
03/09/2010 - 23:30
Rocco Vip Lounge do Porto Centro Comercial
The Kanguru Project en Vigo
03/09/2010 - 22:00
Bonus Track Bar
Mitocondrias actúan en Ourense
03/09/2010 - 21:30
Café Cultural Auriense
Ghazafelhos presenta “Contos para escagarriñarse” en Cotobade
03/09/2010 - 20:00
As Boliñas - Augasantas
O reggae de Fidel Nadal en A Coruña
03/09/2010 - 19:30
FNAC
Dakidarría en Melide
03/09/2010 - 00:00
Sala 600

Enquisa

Paréceche correcto gastar 3 millóns de euros das arcas públicas na visita do Papa?

Últimas descargas MPEG audio

Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros